
Tres videoxogos educativos realizados por participantes no Proxecto Ponte dos Brozos foron seleccionados para participar no congreso GACET’11 a celebrar os días 17 e 18 de novembro en Roma.
Os videoxogos
- “O Torque sagrado” creado por Jose Carlos Casales Regueiro, Ángeles Castro Zaera, Javier Díaz López, Carmen Fernández Rodríguez, Elena Gómez Álvarez, Fernando Moreno González, Ramón Segade Vilela e Loreto Vázquez Rodríguez do Ceip Ponte dos Brozos
- “Negociación colectiva” de José Manuel Villasuso e Carlos Ramos Regueira do Ies de Sabón
- “El viaje de Alicia” de Sonia Vivero, Pilar Martínez e Agapito Muñiz do Ies de Sabón
Resultaron gañadores do certame realizado pola Universidade de Barcelona dentro do Proxecto Proactive.
Este certame permite participar no congreso Gacet´11 a celebrar en Roma o 17 e 18 de novembro de 2011.
Queremos salientar que dos 13 traballos presentados se seleccionaron 4 dos cales 3 foron presentados por profesorado participante no Proxecto Ponte dos Brozos e 1 traballo dun profesor de Cataluña
Máis información:
http://www.ub.edu/euelearning/news34.html
sobre o congreso: http://www.ub.edu/euelearning/proactive/conference/

Os coordinadores Tic. e a profesora Silvia Alcaraz na presentación dos premios do PROXECTO PROACTIVE
A continuación podedes ver algunhas das fotos dos nosos compañeiros cos seus traballos perante a súa exposición… Os compañeiros do noso Ies.de Sabón obtiveron dous premios e todos os traballos resultaron de grande calidade técnica e educativa. A axuda do PDB. e a creación dos grupos de traballo baixo o patrocinio do CEFORE foron dun incalculable valor para poder traballar nas nosas ideas.
E. Suárez e J. Ramos crearon o videoxogo
“Mantemento da bicicleta”
A continuación podedes ver o vídeo que fixo o compañeiro Óscar Montero sobre a sesión de proba dos videoxogos educativos nas aulas do noso centro cun curso de 1º de bacharelato. Participaron e colaboraron moitos compañeiros na realización do experimento na clase.
OS ALUMNOS DO IES. DE SABÓN COS VIDEOXOGOS
Tamén vos poñemos as noticias en prensa na que recollen esta experiencia educativa dos membros do PDB.
_www.laopinioncoruna.es_gran-coruna_2011_06_11_deberes-cr
__www.lavozdegalicia.es_sociedad_2011_06_11_0003_201106G11
Por último podedes facer unha proba vos mesmos cos videoxogos, para iso tedes que executar os seguintes enlaces:
VIDEOXOGO “A MÁQUINA DO TEMPO”










